sábado, 22 de xuño de 2019

Patrullón de contadas (1º ESO + Galiña Azul)

Dentro da materia Estratexias de Aprendizaxe e Comunicación (1ºESO), disfrutamos dunha entrañable actividade: Patrullón de contadas.
Consiste en preparar contadas para ilas contar axs cativxs da Galiña Azul traballando así o obxectivo proposto no noso Proxecto Erasmus+: Eurocidade, Tendendo Pontes a "Participación activa do alumnado e comunidade educativa".
Baseándnos en contos xa editados, fixemos versións con materiais creados por nós mesmxs ou que complementaban as contadas. 
O traballo en equipo é fundamental para crear o bo ambiente necesario para traballar con cativos de entre 1 e 3 anos.
Así que, e un ano máis, estivemos gastando os nosos recreos (entre ensaios e contadas) con outro tipo de divertimento, tanto para os peques da Galiña Azul como para o noso alumnado.

Parabéns a todxs!!!!!
Aquí un breve resumo:

Ningún comentario:

Publicar un comentario