mércores, 10 de abril de 2019

Entrevista na Radio Municipal de Tui

Aquí vos deixamos a entrevista que nos fixeron na radio na que puidemos dar unhas pinceladas do que é o Proxecto Erasmus+ no que estamos a traballar e as actuacións que desenvolvemos dentro do noso programa.

Aproveitamos aquí para dar as grazas á Radio de Tui que sempre nos acolle para dar difusión ás actividades do noso IES e que teñen como protagonistas ás nosas alumnas e aos nosos alumnos.





MOBILIDADE ERASMUS+ FLORENCIA

luns, 8 de abril de 2019

Entrevista na RADIO MUNICIPAL DE TUI

María Bravo e Amalia P. Otero,  profesoras integrantes do Grupo de Traballo Erasmus+, acudirán á Radio Munucipal de Tui o vindeiro Mércores 10 de Abril para presentar as actuacións que desde o IES San Paio se están a desenvolver para a comunidade educativa así como as súas propias mobilidades a Florencia e Tallin respectivamente.
A vindeira semana, desde o grupo de traballo, e co gallo do Día Internacional da Bicicleta que se conmemora como un clásico no noso centro escolar, tamén teremos unha actividade que ben ten que ver co nome do noso Grupo: EUROCIDADE: TENDENDO PONTES.




luns, 1 de abril de 2019

LUDIFICANDO A PREPARACIÓN DUNHA SAÍDA DIDÁCTICA

Seguimos co foco na ludificación no noso IES. Esta vez cun xogo que creamos para que o alumnado que vai participar na Saída Didáctica a Lisboa teña un acercamento previo á capital lusa, a súa historia e os lugares que van visitar.

Para iso, creouse un documento que se lles entregou no primeiro trimestre co que puideron ter toda a información do programa da viaxe cunha explicación de cada lugar. E con todo o coñecemento aprendido poder abrir desactivar a bomba no BREAKOUT VIRTUAL.


AQUÍ VOS DEIXAMOS TODO O MATERIAL:


PDF "Visita de estudos a Lisboa" para alumnado e familias.





o XOGO:


BOA PARTICIPACIÓN NO CONCURSO: TRIVIAL ESTONIA

Rematando xa o Luns 1 de abril e pechando a participación, quedamos contentxs co número de alumnos e alumnas que sentiron interese acerca de Estonia, aprenderon algunhas curiosidades e decidiron participar no noso 1º concurso Erasmus+.

Moitas grazas a todxs xs 80 participantes!


E MAÑÁ MARTES NO 1º RECREO NA ENTRADA DO IES FAREMOS O SORTEO E COÑECEREMOS ÁS PERSOAS GAÑADORAS DO CONCURSO!