martes, 29 de xaneiro de 2019

I Xornada Intercultural




 I Xornada Intercultural IES San Paio 
Eurocidade Tui-Valença
Luns, 28 de xaneiro de 2019



O 28 de xaneiro celebramos no IES San Paio a I Xornada Intercultural.



Vídeo realizado pola profesora Amalia Pérez Otero

A actividade consistiu nunha mesa redonda na que participaron catro estudantes de bacharelato de catro nacionalidades diferentes: Cibelle, de Brasil; Fátima, orixinaria de Marrocos; Rafael, de Venezuela e Jonathan, de Alemaña. Asistiron ao coloquio alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO. Moderou o acto a profesora María Bravo, coordinadora do Proxecto Erasmus + KA1 Eurocidade: Tendendo Pontes. A xornada foi unha iniciativa dos departamentos de Castelán e Inglés.





O coloquio estaba estruturado en tres bloques temáticos: 
  1. A cultura de orixe
  2. A vivencia do cambio
  3. A cultura de acollida
Cada unha destas seccións incluía unha serie de preguntas preparadas polos alumnos de 4º ESO D na clase de Lingua castelá. Polo que respecta á cultura de orixe, os relatores faláronos da súa vida cotiá nos países dos que proceden, a escola, as comidas, a situación económica, tradicións, deportes, etc. En canto á vivencia do cambio, había interese por coñecer as súas primeiras impresións de Tui, por que viñeron a Tui e non a outra parte, as dificultades de adaptación e os problemas coas linguas. Por último, no terceiro bloque do coloquio, Cibelle, Fátima, Rafael e Jonathan reflexionaron sobre o que máis e menos lles gustaba da cultura de acollida. Houbo de todo: desde morriña dos antigos sabores ata loas entusiastas ao xamón e ao peixe!


E se tivesen que resumir nunha palabra a súa experiencia do choque cultural? Interrogados pola moderadora, estas foron as respostas; casa, encaixar, familiar, a gusto... Ah, nestes tempos de descrédito quedounos a grata impresión de que algunha cousiña faríamos ben como comunidade educativa!!


Para saber máis sobre interculturalidade, recomendamos a páxina de Aula Intercultural, onde atoparedes excelentes materiais teóricos e ferramentas didácticas:


https://aulaintercultural.org/




domingo, 20 de xaneiro de 2019

BREAKOUT: REBELIÓN NA BIBLIOTECA

O martes 15 de xaneiro comezamos o curso da Biblioteca Escolar do noso centro e quixemos romper o xeo cun xogo que fora a base dunha análise da situación actual da biblioteca (o profesorado que traballa nela como equipo, o espazo do que dispoñemos, os fondos que ten) cos finalidade de tomar acordos para a súa optimización e que realmente se converta nun espazo funcional e cómodo tanto para a xente que traballa alí como o alumnado que acude a ela.

Para isto creouse un Breakout Educativo cunha narrativa que se expón no seguinte vídeo inicial motivacional:


O desenvolvemento do xogo tivo lugar na propia Biblioteca do IES e os elementos que nela hai. Asímismo se introduciron elementos novos que servían de nexos, pistas, probas... para chegar a abrir os 6 candados que protexen a caixa que contén o Santo Grial da Biblioteca Escolar do Século XXI.


O esquena (en "moi rudimentario" para os tempos que corren) é o seguinte:




Toda a información do Breakout pódese descargar premendo neste documento (en inglés a 1ª parte):

Doc en GoogleDrive

Igualmente, na seguinte carpeta de GoogleDrive contén todo o material editable que elaborei para este Breakout:


Foi unha xornada da que, ademais de pasar un bo momento, cómpre facer certas reflexións a diferentes nives:

1
 Como me sentín participando neste xogo?
2
 A miña participación no xogo foi colaborativa? a dxs demais?
3
 Divertinme? 
4
 Coñezo algo máis a biblioteca e o seu espazo grazas ao xogo?
5
 Este xogo axúdame a darme de conta das necesidades actuais da Biblioteca?

E para rematar, un resumo da xornada na que o profesorado foi o protagonista dento do máxico mundo da Biblioteca Escolar.






mércores, 16 de xaneiro de 2019

As bolas do Shan Kaio. Ludificación no club TUITAKU

BREAKOUT EDUCATIVO para o alumnado socio do Club de Manga e Anime do IES.

1.- Vídeo motivacional:

 


2.- Vídeo introductorio da actividade:




3.- Resumo da sesión:

: