domingo, 19 de xaneiro de 2020

Preparando o Día de Europa: MATERIAL LÚDICO E EDUCATIVO DA U.E.

Malia que aínda queda algo de tempo, o Equipo do Proxecto Tendendo Pontes xa estamos a traballar na conmemoración do Día de Europa (9 de maio).

Con isto, e fuchicando en moitas páxinas distintas, atopamos unha que ben paga a pena entrar nalgún momento (como curiosidade, para unha titotía, clase, garda...).

Deixámosvos os enlaces coas temáticas "material didáctico" e "xogos" para que vos sexa doado entrar e usalo co voso alumnado:




xoves, 16 de xaneiro de 2020

INTERCAMBIO DE COÑECEMENTOS

O xoves 9 de xaneiro, a profesora Esther Pérez Fernández, do IES Beade de Vigo, compartiu os seus coñecementos Erasmus+ con nós. A sesión informativa foi moi útil e dounos un chute de enerxía para seguir traballando en prol da intercionalización do noso centro. Moitas grazas, Esther!

martes, 14 de xaneiro de 2020

Asignación de nova mobilidade


Con varias semanas de retraso, motivado polo calendario da 1ª avaliación e as vacacións de Nadal, informamos de que o 25 de novembro de 2019 foi asignada a quinta mobilidade do noso proxecto  Erasmus + KA1 Eurocidade. Tendendo pontes
O candidato seleccionado foi:

  • ALFONSO RUSO (Departamento de Educación Física)

que asistirá ao curso de formación:

  •  Intensive English Course and CLIL for Teachers

en Dublín (Irlanda).

Esta acción da continuidade ao traballo de innovación pedagóxica que emprendimos nas mobilidades anteriores e que sen dúbida repercutirá positivamente na noso proxecto educativo.