xoves, 11 de outubro de 2018

Carreira Internacional de Orientación Eurocidade Tui-Valença





O domingo 14 de outubro vai celebrarse a primeira carreira internacional de orientación na Eurocidade Tui-Valença.



Charla sobre Orientación no IES San Paio



Organiza a proba o clube AROMON (Montañeiros A Roelo) de Pontevedra. O IES San Paio sumouse ao evento acollendo diversas charlas sobre este deporte aínda pouco coñecido entre nós,  orixinario de Escandinavia, que fomenta os valores do traballo en equipo, o coñecemento do entorno e a vida saudable. 

Desde o Grupo de traballo Erasmus + Eurocidade: tendendo pontes contribuíumos tamén a tender esta ponte entre o deporte, a cultura e a irmandade dos pobos.

Desexamos un Bon día / Bom dia a todas as nosas alumnas e alumnos inscritos na proba!!



Un representante do clube AROMON promociona a proba da Eurocidade Tui-Valença no IES San Paio




Ningún comentario:

Publicar un comentario