martes, 29 de outubro de 2019

Promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero


O martes 29 de outubro de 2019 tivo lugar no Instituto San Paio unha charla sobre promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero.

Esta actividade encádrase no Proxecto Interreg de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (Secretaría Xeral de Igualdade).

Os alumnos das eurocidades da rexión Galicia-Norte de Portugal poderán participar nun concurso de imaxes relacionadas co tema da actividade.

O equipo impulsor do proxecto Erasmus + Eurocidade: tendendo pontes súmase a esta inicativa, animando a todas as alumnas e alumnos a participar no concurso fotográfico... e, sobre todo, a avanzar na cultura da igualdade de xéneros desde a escola.





Ningún comentario:

Publicar un comentario