Un ano máis o alumnado do noso IES quiso botar o domingo buscando balizas pola EUROCIDADE TUI-VALENÇA na II Carrreira de Orientación.
Foron moitos participantes que encheron de xuventude as rúas da Fortaleza de Valença pola mañá e a Cidade Vella de Tui. Tanto a organización (Club Aromon) como o Concello de Tui e Cámara Municipal de Valença salientaron o bo ambiente que se viviu e a deportividade e divertimento de todxs.
Esta volve ser unha iniciativa deportiva e de convivencia na que, tanto os que viven na Raia como os de máis lonxe, puidemos descubrir dúas cidades irmás como se foxen unha.
E como competición deportiva non podemos desbotar os podio que conseguiron:
- ANTÓN FREIRÍA (1º ESO) cun 3º posto en Infantil - Tui
- XACOBE GLEZ. VEIGA (2º ESO) cun 3º posto en Infantil - Valença
- BELTRÁN GARCÍA (4º ESO) cun 3º posto en Adultos - Valença
- EMILIO PAZO (Profe) cun 2º posto en Avanzado - Tui
Fora de competición pero co mesmo peso, entregaríamoslle a medalla do FAIRPLAY a:
- HIBA EL GHALI porque sen obter podio (malia que estivo moi cerca) esperou á entrega tanto dos premios de Valença como de Tui: iso é deportividade e respecto.
Bravo a todxs, rapacxs!!
Facedes grande este IES e énchenos de ledicia vervos contentxs disfrutando do deporte e o equipo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario