María Bravo e Amalia P. Otero, profesoras integrantes do Grupo de Traballo Erasmus+, acudirán á Radio Munucipal de Tui o vindeiro Mércores 10 de Abril para presentar as actuacións que desde o IES San Paio se están a desenvolver para a comunidade educativa así como as súas propias mobilidades a Florencia e Tallin respectivamente.
A vindeira semana, desde o grupo de traballo, e co gallo do Día Internacional da Bicicleta que se conmemora como un clásico no noso centro escolar, tamén teremos unha actividade que ben ten que ver co nome do noso Grupo: EUROCIDADE: TENDENDO PONTES.
Ningún comentario:
Publicar un comentario