luns, 3 de decembro de 2018

Compartindo experiencias educativas de Secundaria.

O pasado sábado 24 de novembro, María Bravo e Amalia P. Otero asistiron a un curso titulado: Compartindo experiencias educativas de Secundaria cuxos obxectivos tiñan moita relación con prácticas docentes que levamos a cabo no noso centro e outras que nos serviron de base de ideas e posibilidades para accións futuras.

A conferencia inaugural "TIC e aprendizaxe" veu da man de Rosa Liarte. Profesora de Xeografía e Historia que basea a metodoloxía das súas clases nas Flipped Classromm e nas novas tecnoloxías creando unidades didácticas con novos métodos e fomentando o traballo en equipo así como nos proxectos interdisciplinais. O seu éxito avala estas estratexias e metodoloxías que xa imos introducindo nas nosas aulas e que serán temáticas que traballaremos e desenvolveremos nas nosas movilidades ERASMUS+: 

Photo & Vídeo making in our classroom. (Italy)
Game-Based learning and gamification (Estonia)


Rosa ofreceunos un exemplo da diversidade nas aulas cunha anécdota moi visual:

Na súa casa  estropeouse a cafeteira e mercaron unha nova,moi moderna e con moitas funcións distintas.
O seu pai comezou a fuchicar nela para saber como funcionaba... e fixo un café moi rico.
A súa nai, na mañá, colleu o libro de instruccións e grazas a el tivo un bo almorzo cun apetitoso café.
A súa irmá, ao ver a nova cafeteira, colleu o seu móbil e buscou un titorial de YouTube do modelo. A irmá tamén fixo un bo café.

Continuamos a tarde con obradoiros de novas tecnoloxías, de ciencias, de xeometría de xeito ludificado.

Ademáis destas actividades nas que participamos, puidemos coñecer outros proxectos de boas prácticas e iniciativas de innovación en diferentes centros de secundaria na nosa contorna.

Foi unha longa xornada pero á vez moi productiva xa que vimos cargadas de novas ideas e aumentada a motivación de cara a seguir nesta liña da innovación, traballo colaborativo, uso das novas tecnoloxías, ludificación na aula…


Para dar unha idea do tipo de metodoloxía, algúns dos programas e apps que das que se falou foron:

EDPUZZLE:  Make any video your lesson. Pick a video, add your magical touch and track your students' understanding.

FLIPGRID: powerful and easy-to-use recording tools. Students can capture widescreen videos, pause while recording, add more after reviewing, and trim to perfect. From 15 seconds to 5 minutes, your students can perfect the elevator pitch or give a short presentation.

Book Creator is a simple tool for creating awesome digital books. Create your own teaching resources or have your students take the reins. Combine text, images, audio and video to create.

ChatterPix Kids is a photo-editing app that allows students to make photographs talk.

Stop Motion Studio. App to create beautiful stop motion animated movies anywhere instantly on your device.

TouchCast Studio helps you produce broadcast-quality interactive videos without expensive equipment and a team of professionals.



Ningún comentario:

Publicar un comentario