Preme PLAY e descubre o que quere dicir CHIPPING EFFECT!!!
Tendendo Pontes
Blogue do Programa Erasmus Eurocidade: tendendo pontes / Eurocity: building bridges. IES San Paio, Tui
xoves, 11 de xuño de 2020
venres, 5 de xuño de 2020
venres, 8 de maio de 2020
DIA DE EUROPA
#YoSoyEuropeo #BeethovenEnCasa #EuropeosContraElCovid19 |
O 9 de maio celébrase o Dia de Europa 2020 e os integrantes do Grupo Impusor Erasmus+ do IES San Paio queremos compartir o material que preparamos antes do Decreto do Estado de Alarma con toda a comunidade educativa. Na web oficial da Unión Europea hai unha serie de actividades ás que podedes acceder no seguinte enlace: https://ec.europa.eu/spain/events/europe-day_es
martes, 3 de marzo de 2020
MOBILIDADE A IRLANDA
O profesor Alfonso Ruso xa está en Dublín aproveitando o curso de formación AICLE "Intensive English Course and CLIL for Teachers". De ben seguro que á volta aplicará os coñecementos adquiridos na Sección Bilingüe de Educación Física.
domingo, 19 de xaneiro de 2020
Preparando o Día de Europa: MATERIAL LÚDICO E EDUCATIVO DA U.E.
Malia que aínda queda algo de tempo, o Equipo do Proxecto Tendendo Pontes xa estamos a traballar na conmemoración do Día de Europa (9 de maio).
Con isto, e fuchicando en moitas páxinas distintas, atopamos unha que ben paga a pena entrar nalgún momento (como curiosidade, para unha titotía, clase, garda...).
Deixámosvos os enlaces coas temáticas "material didáctico" e "xogos" para que vos sexa doado entrar e usalo co voso alumnado:
Con isto, e fuchicando en moitas páxinas distintas, atopamos unha que ben paga a pena entrar nalgún momento (como curiosidade, para unha titotía, clase, garda...).
Deixámosvos os enlaces coas temáticas "material didáctico" e "xogos" para que vos sexa doado entrar e usalo co voso alumnado:
xoves, 16 de xaneiro de 2020
INTERCAMBIO DE COÑECEMENTOS
O xoves 9 de xaneiro, a profesora Esther Pérez Fernández, do IES Beade de Vigo, compartiu os seus coñecementos Erasmus+ con nós. A sesión informativa foi moi útil e dounos un chute de enerxía para seguir traballando en prol da intercionalización do noso centro. Moitas grazas, Esther!
martes, 14 de xaneiro de 2020
Asignación de nova mobilidade
Con varias semanas de retraso, motivado polo calendario da 1ª avaliación e as vacacións de Nadal, informamos de que o 25 de novembro de 2019 foi asignada a quinta mobilidade do noso proxecto Erasmus + KA1 Eurocidade. Tendendo pontes.
O candidato seleccionado foi:
- ALFONSO RUSO (Departamento de Educación Física)
que asistirá ao curso de formación:
- Intensive English Course and CLIL for Teachers
en Dublín (Irlanda).
Esta acción da continuidade ao traballo de innovación pedagóxica que emprendimos nas mobilidades anteriores e que sen dúbida repercutirá positivamente na noso proxecto educativo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)